Biografía da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana Somoza
Naceu na Coruña en 1981. Licenciouse en Dereito pola Universidade da Coruña (promoción 2004) e posteriormente cursou estudos superiores de Dereito Autonómico polo Instituto de Dereito Público de Barcelona.
Entrou a formar parte da escala de letrados da Xunta de Galicia por oposición en maio de 2007, ocupando diversos postos tanto na Asesoría Xurídica Xeral como na Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e na Presidencia da Xunta.
Desempeñou ademais o posto de secretaria xeral técnica nas consellerías de Traballo e Benestar (2013-2015), Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (2015-2018) e Medio Rural (2018-2020).
Tomou posesión como conselleira de Emprego e Igualdade en setembro de 2020.