Biografía da conselleira

 Biografía da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo López

Compártao :

Compartir
Elena Rivo López, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade

Elena Rivo López naceu en Ourense en 1971. É licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid, onde recibiu o premio extraordinario de carreira. Doutora en Administración e Dirección de Empresas (2002), é profesora titular e investigadora no Departamento de Organización de Empresas e Márketing na Universidade de Vigo desde 1999. 

Ata a súa incorporación á Xunta de Galicia, era vicerreitora do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. Tamén foi decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense (2013-2019); coordinadora do Máster en Creación, Dirección e Innovación na Empresa da Universidade de Vigo (2011-2014) e comisionada de Coordinación Institucional (2019-2022).

No ámbito político exerceu como tenente de alcalde, xefa de área de Economía e Facenda no Concello de Ourense na lexislatura 2003-2007.

Cun gran dinamismo no eido investigador, participou en traballos e proxectos relacionados coa empresa familiar, o emprendemento, a sustentabilidade e a innovación docente. Directora da Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de Vigo, pertence ao grupo de investigación GEN (Governance and Economics Research Network).

Tomou posesión como conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade o 15 de xuño de 2023.