16ª convocatoria de competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e de cualificación
Compártao :
Competencias clave para o ano 2022
Resolución do 7 de febreiro de 2022 - DOG do 16 de febreiro de 2022-, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.
Resolución do 5 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas para participar nas probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación.
Resolución do 18 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para participar nas probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación
Lugar de realización das probas: prevese que sexa no recinto feiral da Fundación Semana Verde en Silleda (Pontevedra)
Datas previstas para a realización das probas: prevese que teñan lugar o día 25 de xuño de 2022
Aviso importante: a través desta páxina web irase actualizando información sobre a distribución de aspirantes por días e por portas, así como calquera outra información e/ou recomendación que sexa necesaria.
Máis información
Teléfonos: 981 546 856/881 999 286
Correo electrónico: ctb.igcualif@xunta.gal
- TR306A - Probas de competencias clave
- Consulta das áreas profesionais
- Resolución do 7 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A)
- Consulta de notas ata 2019 incluído
- Vías de acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional
- Calendario 2022
- Instrución para determinar a titulación requirida ao persoal docente para a impartición de accións formativas de competencias clave
- Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional
- Recomendación do Parlamento Europeo e do Consello do 18 de decembro de 2006 sobre competencias clave para a aprendizaxe permanente (2006/962/CE)
- Marco común europeo de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensinanza, avaliación. Consello de Europa 2001
- Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema da formación profesional para o emprego
- Real decreto 34/2008 do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade
- Real decreto 1675/2010 do 10 de decembro, polo que se modifica o R.D. 34/2008 do 18 de xaneiro
- Real decreto 189/2013, do 15 de marzo, polo que se modifica o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro
- Orde ESS/1897/2013 do 10 de outubro, pola que se desenvolve o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro
- Orde do 7 de xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional, e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia