Convocatoria de probas de competencias clave 2022

16ª convocatoria de competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade

Compártao :

Compartir

Competencias clave para o ano 2022

Resolución do 7 de febreiro de 2022 - DOG do 16 de febreiro de 2022-, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

Resolución do 5 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas para participar nas probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación. 

Resolución do 18 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para participar nas probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación

Puntuacións provisionais das probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3

O prazo de presentación de reclamacións remata o venres 29 de xullo de 2022

As reclamacións realizaranse mediante escrito dirixido ao presidente da Comisión de avaliación, cuxa sede está no Instituto Galego das Cualificacións, por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e, en todo caso, tamén deberán remitirse por correo electrónico al correo electrónico ctb.igcualif@xunta.gal

Para a reclamación pode empregar o modelo de folla de reclamación que ten dispoñible nesta páxina.

Puntuacións definitivas das probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade 

Aviso importante: a través desta páxina web irase actualizando información sobre a distribución de aspirantes por días e por portas, así como calquera outra información e/ou recomendación que sexa necesaria.

 

 

Documentos relacionados