O nivel de esixencia formativo para as 4 competencias clave de nivel de cualificación 2 e 3 está establecido no anexo I da Orde do 7 de xaneiro de 2014.
Estas especificacións do nivel de esixencia formativo para o acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 correspóndense co establecido no RD 34/2008, que regula os certificados de profesionalidade no seu artigo 20.2 e no anexo IV.
Os programas formativos oficiais estatais vixentes das competencias clave están establecidos polo SEPE: Servizo Público de Emprego Estatal, e poden consultase no Catálogo de especialidades formativas, familia profesional Formación complementaria.
FCOV22 Comunicación en lingua Castelán N_2 120 horas
FCOV02 Comunicación en lingua Castelán N_3 200 horas
FCOV23 Competencia Matemática N_2 120 horas
FCOV12 Competencia Matemática N_3 200 horas
FCOV05 Comunicación en lingua estranxeira (inglés) N_2 180 horas
FCOV06 Comunicación en lingua estranxeira (inglés) N_3 180 horas
FCOV32 Competencias clave con lingua galega (Pax. 10-14) N_2 25 horas
FCOV33 Competencias clave con lingua galega (Pax. 11-14) N_3 35 horas