Sistema de Control Biométrico (COBIPE)

Compártao :

Compartir

O Sistema de Control Biométrico (COBIPE) permite o seguimento e control do alumnado e dos/as docentes.

Información e requisitos

Acceso ao sistema de control biométrico de presenza nos cursos de formación

  • Manual de instalador
    • O manual pódese descargar desde aquí.
    • Se non hai ningunha versión de COBIPE_SCH instalada no equipo, deberá descargar o INSTALADOR COBIPE SCH desde aquí.
    • Se no equipo xa hai instalada algunha versión anterior de COBIPE_SCH, deberá descargar o ACTUALIZADOR COBIPE SCH desde aquí.
  • Acceso á aplicación
    • Unha vez instalado o software COBIPE_SCH, pode acceder á aplicación aquí.

Soporte
O soporte da aplicación é gratuíto e proporcionado pola Consellería de Emprego e Igualdade. 

Non se pode proporcionar soporte ao hardware a instalar no centro necesario para o funcionamento de COBIPE (ordenador, lector, dispositivos de rede etc.).

A Consellería de Emprego e Igualdade reitera que non existe ningunha empresa instaladora preferente nin existe ningún proceso de homologación de instaladores, sendo a Consellería completamente allea ás empresas que fan instalacións ou comercializan solucións "chave en man".

Ante calquera dúbida, contacte co CAU para esclarecela. O contacto de Soporte e do CAU é:

Correo electrónico: soporte-cobipe@xunta.gal
Teléfono: 981 939 350

Horario de atención telefónica do CAU, de luns a venres:

  • Durante os meses de xullo e agosto, de 8:00 a 15:00
  • Durante os meses de setembro a xuño, de 8:00 a 15:00 e de 16:00 a 18:00

Para poder tramitar erros é necesario que indique no correo electrónico os seguintes datos:

  • CIF da entidade
  • Nome da entidade
  • Número do curso
  • Listado de alumnado e docentes que non puideron fichar (nome, apelidos e DNI)
  • Captura de pantalla onde se mostre o erro que se produce e a hora na que se produce