Sistema de Formación Profesional

Comprende o conxunto de ensinanzas que capacitan para o desenvolvemento de profesións. Existen tres tipos de oferta de formación profesional: regrada, ocupacional e continua.

Compártao :

Compartir

Formación profesional regrada:

Ofrece unha especialización e coñecemento práctico respecto do mundo laboral. Organízase en ciclos formativos:

  • Ciclos formativos de grado medio: cursando este ciclo obtense o Título de Técnico na materia cursada.
  • Ciclos formativos de grado superior: cursando este ciclo obtense o Título de Técnico Superior.

Formación profesional ocupacional:

É a oferta formativa non regrada dirixida a desempregados/as principalmente, creada para potenciar a inserción e reinserción profesional. Realizada por entidades colaboradoras e financiadas polo Fondo Social Europeo, o Servizo Público de Emprego Estatal e o SPEG.

Formación profesional continua:

É formación non regrada dirixida á poboación que xa exerce unha actividade no mundo laboral.