Rexistro de convenios colectivos

Compártao :

Compartir

Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo (BOE n.º 143, do 12.06.2010).

Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitación: segundo o establecido no referido RD 713/2010, desde o 01.10.2010, só é posible a tramitación do rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo por medios telemáticos creándose o referido rexistro telemático en cada comunidade autónoma. Ao rexistro de Galicia poderá acceder desde este enlace:

Información complementaria a ter en conta antes de acceder ao rexistro:


Manual de usuario Comisión Negociadora

Para poder darse de alta como usuaria do programa a persoa interesada deberá posuír un certificado dixital:

Como solicitar o certificado de firma dixital?

Necesítase firma dixital de persoa física, non xurídica. Pode utilizarse o novo DNI electrónico, xa que contén a firma dixital, ademais, todas as entidades certificadoras de España son admisibles, non obstante, e dado que  o trámite é moi sinxelo e rápido, recoméndase a páxina da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre, que ademais é gratuíta.

Unha vez dentro, á esquerda vaia a  "Obtenga su certificado ". Se se pulsa aparecerá a páxina na que se pode solicitar.

Para saber a onde teñen que ir a asinar o contrato de firma dixital, recoméndolles que, antes de  ir ao punto 1 "Solicitud vía internet de su certificado", vaian un pouco máis abaixo a "Oficinas más cercanas", onde lles abrirá un buscador no que escribindo a localidade apareceranlle as oficinas que hai nesa localidade para ir a asinar o contrato en persoa. Despois vaian ao punto "1. Solicitud vía internet de su certificado", poñan o DNI (ou NIE, no caso de persoas estranxeiras).

Nese momento aparece unha páxina cun número, imprímana xa que é un código de acceso. Con ese número impreso e o DNI (ou NIE) da persoa que solicita o certificado irá á oficina máis próxima.

Despois de asinar o contrato, e como máis tarde ao día seguinte, desde o mesmo ordenador onde fixo a solicitude, xa poderá descargar o certificado da páxina da FNMT, entrando en "Descarga del certificado", introducindo o código que lle emitiu cando o solicitou e o número de DNI ou NIE.

Unha vez descargado este certificado queda instalado automaticamente na páxina da internet, na barra superior en "Herramientas", "opciones de Internet", "contenido", "certificados".

A partir dese momento, cando se requira para un programa da internet o certificado dixital o recoñecerá automaticamente, sen ter que facer ningún trámite. Os certificados da FNMT teñen unha validez de tres anos, pasados os cales haberá que solicitalo novamente.

Unha vez accedan ao programa, na páxina de inicio, ofrece a seguinte información:

Axuda

  • Unha relación de documentos que se deben cargar no programa, segundo o tipo de trámite que se vaia realizar
  • Descarga do compoñente websigner, necesario para que funcione a súa firma dixital correctamente

Manuais

  • Manual de uso dos certificados dixitais e do compoñente websigner
  • Manual do usuario que actúa en nome da comisión negociadora.

Atención ao usuario

Neste apartado poderán atopar un documento de reporte de incidencias que deberán cubrir cando teñan algún problema co programa informático, unindo, ademais, na medida do posible, capturas de pantalla dos erros ou borradores do proceso iniciado. Esta documentación a remitirán por correo electrónico aos enderezos que se especifican a continuación.

Os departamentos responsables deste rexistro en Galicia son os Servizos de Traballo e Economía Social, nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e o Servizo de Relacións Laborais para o ámbito autonómico.

Información de interese

Neste apartado poden atopar un documento no que se explican os cambios que se van producindo no programa, tanto de solución de problemas como de modificación do procedemento para mellorar a aplicación.

Consultas de interese

Neste apartado  recóllese un excel no que se poden atopar as correspondencias dos códigos dos convenios colectivos, códigos antigos e códigos actuais, así como un excel no que se reflicte unha relación de todos os acordos que están introducidos no REGCON.

Na columna da esquerda: a persoa que vaia asinar o trámite ten que darse de alta no aplicativo: - Pola comisión negociadora en: ALTA USUARIO - Pola Autoridade laboral (tramitadores da administración) en ALTA USUARIO AL

Unha vez rexistrada, poderá acceder á tramitación, onde seleccionará o tipo de trámite que desexa realizar. • Cando o trámite se refira a un convenio preexistente haberá que identificalo para o que o programa solicitará información sobre:

  • Código (novo)
  • Denominación do convenio
  • Localizador


AVISO: só se deberá indicar un deses datos para poder acceder. En canto ao localizador só se terá unha vez que xa teña feito outro trámite previo, momento no que o programa lle adxudicará un número de localizador para poder acceder a el.

O trámite que se inicie poderá ser completado en varias sesións polo que poderá gardar un borrador mentres non remate o proceso.