GalegoCastellano
Desprazamento por prestación de servizos transnacional

A tramitación do procedemento de desprazamento de traballadores/as no marco dunha prestación de servizos transnacional está centralizada na Secretaría Xeral de Emprego e deberá realizarse de xeito telemático a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Compártalo :

Compartir

Soliticitude

TR803B Desprazamento de persoas traballadoras no marco dunha prestación de servizos transnacional 

Obxecto

Dar cumprimento ao establecido na Lei 45/1999, do 29 de novembro, sobre desprazamento de persoas traballadoras no marco dunha prestación transnacional.

Beneficiarios/as

O empresario que desprace traballadores/as a España, neste caso á Comunidade Autónoma de Galicia, no marco dunha prestación de servizos transnacional deberá comunicar o desprazamento, antes do seu inicio e con independencia da súa duración, á autoridade laboral española competente por razón do territorio onde se vaian a prestar os servizos.

Para os efectos da Lei 45/1999, segundo o establecido no artigo 2.1 enténdese por:

1. Desprazamento no marco dunha prestación transnacional: o efectuado a España, neste caso ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, polas empresas incluídas no ámbito de aplicación da lei durante un período limitado de tempo en calquera dos seguintes supostos:

  • a. O desprazamento dunha persoa traballadora por conta e baixo a dirección da súa empresa en execución dun contrato realizado entre esta e a destinataria da prestación de servizos, que estea establecida ou exerza a súa actividade en España.
  • b. O desprazamento dunha persoa traballadora a un centro de traballo da propia empresa ou doutra empresa do grupo do que forme parte.
    Para os efectos do parágrafo anterior, enténdese por grupo de empresas o formado por unha empresa que exerce o control e as empresas controladas nos termos do art. 4 da Lei 10/1997, do 24 de abril, sobre dereitos da información e consulta dos traballadores nas empresas e grupos de empresas de dimensión comunitaria.

    NOTA: Nestes dous primeiros casos (a e b), non será necesaria a comunicación de desprazamento transnacional cando a duración deste desprazamento non supere os oito días.
  • c. O desprazamento dun traballador por parte dunha empresa de traballo temporal para a súa posta a disposición dunha empresa usuaria que estea establecida ou que exerza a súa actividade en España.


2. Traballador desprazado: a persoa traballadora, calquera que sexa a súa nacionalidade, das empresas incluídas no ámbito de aplicación da Lei 45/1999, desprazada a España, neste caso á Comunidade Autónoma de Galicia, durante un período limitado de tempo no marco dunha prestación de servizos transnacional, sempre que exista unha relación laboral entre tales empresas e a persoa traballadora durante o período de desprazamento.

Para os efectos das definicións anteriores, enténdese incluída a persoa traballadora dunha empresa de traballo temporal posta a disposición dunha empresa usuaria no estranxeiro e desprazada temporalmente por esta a España no marco dunha prestación de servizos transnacional.


Requisitos

Segundo o artigo 5.2 da referida Lei 45/1999, a comunicación de desprazamento conterá os datos e informacións seguintes:

  • a. A identificación da empresa que despraza á persoa traballadora.
  • b. O domicilio fiscal de dita empresa e o seu número de identificación a efectos do imposto sobre o valor engadido.
  • c. Os datos persoais e profesionais das persoas traballadoras desprazadas.
  • d. A identificación da empresa ou empresas e do centro ou centros de traballo onde as persoas desprazadas prestasen os seus servizos.
  • e. A data de inicio e duración previstas do desprazamento.
  • f. A determinación da prestación de servizos que as persoas desprazadas van a desenvolver en España, neste caso no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con indicación do suposto que corresponda dos previstos no artigo 2.1.1.
  • g. Os datos identificativos e de contacto dunha persoa física ou xurídica presente en España que sexa designada pola empresa como o seu representante para servir de enlace coas autoridades competentes españolas e para o envío e recepción de documentos ou notificacións, de ser necesario.
  • h.Os datos identificativos e de contacto dunha persoa que poida actuar en España en representación da empresa prestadora de servizos nos procedementos de información e consulta dos traballadores e negociación, que afecten aos traballadores desplazados en España.

Segundo o artigo 5.3, non será esixible a comunicación cando os desprazamentos definidos nas letras a e b do artigo 2.1.1 teñan unha duración que non exceda dos oito días.

O artigo 5.5 determina que a Autoridade Laboral porá en coñecemento da Inspección de Traballo e Seguridade Social e da Axencia Estatal de Administración Tributaria, para os efectos que corresponda, as comunicacións de desprazamento que recibise.

Documentación

Para todas as empresas:

O establecido no art. 5.2 da lei 45/1999.

Para as empresas de traballo temporal, ademais:

Así mesmo, o artigo 5.4 establece que cando a empresa que despraza sexa unha empresa de traballo temporal, a comunicación de desprazamento deberá incluír, ademais do impreso, que deberá cubrir vía telemática, a seguinte documentación, que deberá remitir por correo á Secretaría Xeral de Emprego:

  • a. Acreditación de que reúne os requisitos esixidos pola lexislación do seu Estado de establecemento para poñer a disposición doutra empresa usuaria, con carácter temporal, persoas traballadoras contratados por ela.
  • b. Sen prexuízo do sinalado no apartado 2f), a precisión das necesidades temporais da empresa usuaria que se traten de satisfacer co contrato de posta a disposición, con indicación do suposto de celebración que corresponda dos previstos no artigo 6.2 da Lei 14/1994, do 1 de xuño, pola que se regulan as empresas de traballo temporal.


Normativa

Orde do 17 de febreiro de 2020 pola que se regula o procedemento e se aproba e da publicidade ao modelo de comunicación de desprazamento de persoas traballadoras no marco dunha prestación de servizos transnacionais á Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 45/1999, do 29 de novembro, sobre desprazamento de traballadores no marco dunha prestación transnacional (BOE n.º 286, do 30.11.1999).

Real Decreto-Lei 9/2017, de 26 de maio, polo que se traspoñen directivas da Unión Europea nos ámbitos financeiros, mercantil e sanitario, e sobre o desprazamentos de traballadores.

 

Informa

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Secretaría Xeral de Emprego
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781  Santiago de Compostela – A Coruña - España
Tel.: 981 957 758 / 981 545 734