15ª convocatoria de competencias clave para o acceso aos cursos formativos de certificados de profesionalidade
Compártao :
Recordatorio Segundo a disposición adicional segunda da Resolución do 26 de febreiro do 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación, as circunstancias actuais poderían supor a necesidade de distribuír as persoas participantes por días/portas vinculados á provincia ou área sanitaria á que pertenzan, polo que é preciso ter actualizada a información dos concellos de procedencia. Por este motivo, non se reactivarán as solicitudes presentadas no ano 2020 e polo tanto cómpre que toda persoa que queira participar no procedemento deba realizar unha nova solicitude, conforme ao establecido no artigo 6 da antedita resolución. |
Resolución do 26 de febreiro de 2021 -DOG do 5 de marzo de 2021- da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación:
A resolución contén os seguintes anexos:
- Anexo I Solicitude. Procedemento TR306A
- Anexo II Calendario previsto do procedemento
- Anexo III Requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade
- Anexo IV Exencións ás probas de avaliación na competencia de lingua galega
- Anexo V Validacións das competencias por ter superados estudos regrados
- Anexo VI Certificados de profesionalidade que requiren a competencia en lingua estranxeira
Lugar de realización das probas: prevese que sexa no Recinto feiral da Fundación Semana Verde en Silleda (Pontevedra).
Datas previstas para a realización das probas: prevese que teñan lugar a finais do mes de xuño sempre atendendo as recomendacións que as autoridades sanitarias establezan.
Recomendacións sobre a presentación da solicitude:
Preferiblemente, presentar a solicitude por vía electrónica, para o cal siga os seguintes pasos:
- Deben acceder á sede electrónica a través da seguinte ligazón https://sede.xunta.gal e cubrir o formulario de solicitude do procedemento TR306A que estará dispoñible desde o 6 de marzo.
- Premer na icona “Tramitar en liña” Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia (artigo 5.2 da resolución de convocatoria).
- Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar e obter recibo.
- No caso de solicitudes cubertas a man:
- prégase claridade nos datos;
- non esquecer asinar a solicitude;
- indicar o número de DNI – NIE ou Pasaporte;
- No caso de identificación co pasaporte, hai que achegar copia coa solicitude (ver artigo 6.a) da Resolución).
- No caso de presentarse ás probas dos dous niveis de cualificación 2 e 3, so é necesaria unha solicitude.
- Non solicitar competencias aprobadas en anteriores convocatorias; consultar o “buscador de notas”.
Prazo de solicitudes: ata o 7 de abril de 2021 incluído. Prema para acceder á solicitude.
Para máis información:
Teléfonos: 981 546 856/ 981 541 562
Correo electrónico: ctb.igcualif@xunta.gal
- TR306A - Probas de competencias clave
- Consulta das áreas profesionais
- Resolución do 26 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A)
- Consulta de notas ata 2019 incluído
- Informe sobre requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade
- Resumo estatístico das 13 convocatorias de competencias clave
- Calendario 2021 - ver anexo II
- Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional
- Recomendación do Parlamento Europeo e do Consello do 18 de decembro de 2006 sobre competencias clave para a aprendizaxe permanente (2006/962/CE)
- Marco común europeo de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensinanza, avaliación. Consello de Europa 2001
- Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema da formación profesional para o emprego
- Real decreto 34/2008 do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade
- Real decreto 1675/2010 do 10 de decembro, polo que se modifica o R.D. 34/2008 do 18 de xaneiro
- Real decreto 189/2013, do 15 de marzo, polo que se modifica o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro
- Orde ESS/1897/2013 do 10 de outubro, pola que se desenvolve o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro
- Orde do 7 de xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional, e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia